O 5 de Agosto de 1991, o Club de Tenis S.D. Muimenta entrou a formar parte como club na Federación Galega de Tenis e na Real Federación Española de Tenis. Como conmoración desta data, o Club Tenis Muimenta celebra o Sabado 17 de Xuño a "Festa do tenis" conmorando o 25 aniversario da súa fundación. 
Con este motivo terá lugar unha xornada deportiva nas instalacións do club que comezará as 10:00 co Torneo Social SuperTieBreak en horario de mañá e tarde e despois as 17:00 terá lugar a competición "O saque máis lonxe". O día concluirá cunha cea social na nova "Casa do Deporte" tras a presentación do libro "Historia do Club Tenis Muimenta", e a posterior proxección do video "O tenis daquela". Durante a xornada poderáse visitar a exposición "Recordos" que contará con fotografías, obxectos, equipacións e raquetas antigas, e que estará aberta dende pola mañá a todo o público.


A cita terá lugar nas pistas do club e na nova 'Casa do Deporte'. Convidamos a participar a tódalas persoas que o desexen. Cada socio terá dereito a unha cea gratis. Para o resto dos comensais o menú será de 15€.
Prégase confirmar asistencia para o torneo e/ou cea antes do día 13 de xuño nos teléfonos 619303915 (Morán) ou 650594571 (Santiago)