O Sábado 17 de Xuño celebrouse a "Festa do Tenis", día pra conmemorar os 25 anos do Club Tenis Muimenta. Foi unha xornada che de historia, na que durante todo o día máis de 60 socios e invitados, puideron revivir grande momentos xa pasados que tiñan esquecidos vendo a Exposición "Recordos", preparada na nova Casa do Deporte que estivo aberta todo o día, na que se puido ver: coleccións de raquetas antigas de fai 40 anos, cadros de torneos de principios dos  90 e ata actualidade pasando por todos os campionatos que se fixeron, fotografías dende os orixes do tenis na zona, trofeos da década do 70, obxectos de valor referente ao tenis internacional e moitas sorpresas máis que o club preparou para este gran día. 










Ao largo de todo o día tamén houbo competicións deportivas, na que os campións foron: Rosalía Montero e Miguel Morán, no Torneo Social SuperTieBreak, e Javier Morán foi o que máis forte lle pegou, sendo o vencedor de "O saque máis lonxe". Os trofeos déronse na cea, aproveitando este momento tamén se fixo entrega dos campións da Liga Social "O Reto" 2017, celebrada polo inverno, no que os vencedores foron David García e Tomás Teijeiro. Ademáis fíxose un churrasquiño para os asistentes a media xornada pra encher algo bandullo e recuperar forzas de tanto xogar











































  


























A noite celebrouse a cea conmemorativa polo aniversario, ao mesmo tempo que se puido ver unha proxección de fotografías e videos vellos, na que os asistentes puideron verse como eran fai máis de 20 anos, e recordar entre amigos os grandes momentos pasados no Club Tenis Muimenta. Ao mesmo tempo, fíxose a presentación do libro "Historia do Club Tenis Muimenta", libro que recolle os orixes do tenis da zona de Muimenta e os pobos do arredor, pasando pola creación do club e rematando no día de hoxe. Este libro foi feito ca intención de que toda esta gran historia quedara plasmada no papel pra eternidade e non se deixara no esquecemento. 


















E pra rematar a velada proxectouse a curta "O tenis daquela", composto por videos de época de finais da decada dos 70, onde podemos os primeiros xogadores da zona de Muimenta, Outeiro, Bazar ou Xustás xogando nas antigas pistas da familia Rey-Stolle en Coea e na pista do Teleclub de Bazar. Nel móstrase o estilo tan característico da roupa de xogar de daquela, as míticas raquetas de madeira ou a gran paixón polo tenis dos veciños de Bazar, habendo naquela época unha gran cantidade de xente vendo os partidos. Esta curta mostra a felicidade da época pasada, no que gañar era o de menos. A festa, o comer e  pasar unha boa tarde xogando ao tenis entre amigos era o máis importante. Se houbera algun interasado en compralo libro ou lle interesa vela curta, que se poña en contacto co co club.