Organización da web para o XV Open Hermo


* INSCRIPCIÓNS - Ao rematar o prazo de inscripcións, subirase unha folla con todos os inscritos antes que de comezo o torneo, por se existira algún erro, e se poida comunicar a tempo.


* HORARIOS - Os horarios dos partidos colgaránse na páxina diariamente, (non se detalla a hora de subida, xa que sempre hai lixeiras modificacións por tema da dispoñibilidade horaria dos xogadores, pero con suficiente tempo de antelación). Intentarase poñer os encontros según as vosas preferencias, detalladas na inscripción, na medida do posible. 


* CADROS - Subiranse nos días seguintes a realización do sorteo. Non se actualizarán diariamente, soamente estarán de maneira orientativa, os cadros actualizados dispoñense nas instalacións do club.


* TODA A INFORMACIÓN IRASE ACTUALIZANDO POR ENTRADAS, PERO TODO ESTARÁ DEBIDAMENTE ORGANIZADO NOS ENLACES A DEREITA DA PAXINA.


A través da nosa conta de twitter @CTenisMuimenta  e por medio do hashtag #XVOpenHermo, poñeremos algúns dos resultados destacados de cada xornada, o tempo en Muimenta por medio de fotografías, fotografías do torneo, etc.