Este ano o torneo acadou un bon número de participantes chegando aos case 100 participantes distribuidos en 9 categorías, das que 5 eran federadas: senior masculino, senior feminino, cadete masculino, alevin masculino e veteranos masculino junior. O resto das categorías eran de caracter social ou non federado.
Cabe destacar o gran nivel exibido no cadro de senior feminino, onde se xuntaron as mellores raqueta de toda Galicia, onde Estefania Mariño López e máis Valeria López Pérez nos ofreceron unha das finais femininas máis bonitas e emocionantes que se recordan no Open (H)ermo; Estefania número 3 de Galicia e 62 de España, impúxose a Valeria, campiona da pasada das dúas últimas edicións, subcampiona galega senior, numero 1 de Galicia e 42 no ranking español, por un resultado de 4-6 / 6-4 / 6-2. Estas dúas competiciones eran as únicas con premio económico: 125 euros para ós gañadores, 62.5 euros para ós subcampións e 31.25 euros para os semifinalistas.
Mentras que en veteranos junior o campión foi Marco Campo, número 435 de España, que se impuxo a Jose A. Carreira Montes por un doble 6-3 / 6-1. En cadete masculino o gañador foi o lucense Jesús Bouza Puente, que lle ganou na final 6-1 / 6-4 a Sergio Lozano, xogador do Club Tenis Muimenta. Pero pese a ser subcampión en esta categoría, consiguiría o triunfo na categoría alevín ao vencer a Jose García.
En canto as categorías sociais (só podían participar socios do clube), en senior social masculino o campión foi David Garcia, que se impuxo a David Freire por un doble 6-0. En dobles social mixto, Iago Montero e Pablo Folgueira impuxéronse a Miguel Morán e Daniel Canto por 5-7 / 6-3 / 7-5(7-5). Nas categorías socias do máis pequeniños, en benxamin Dario Vila proclamouse campión

CADROS