O Club Tenis Muimenta convirtiuse ao largo 11 días na capital tenística da provincia , onde se puideron ver algunhas das mellores raquetas de toda Galicia, algunhas das novas promesas que están a nacer na comarca chairega e na provincia de Lugo, xunto con outros xa consagrados a nivel nacional.
O torneo acodou superar o centenar de participantes, que xogaron cerca de 150 partidos nesas case 2 semanas, repartido en 9 categorías, das que 5 foron federadas: senior masculino, senior feminino, veteranos masculino +35, cadete masculino e alevin masculino. O resto das categorías foron sociais ou non federadas.

Mentras que en veteranos junior o campión foi o focense Eusebio Moreda Pérez, número 731 de España, que se impuxo ao noso eterno lucense Jose Angel Carreira Montes, por 6-2/6-0. En cadete masculino o gañador foi Miguel García-Granero, que lle venceu na final ao noso tenista local, e futura promesa do tenis galego, por 7-5/6-3. E por último en alevín masculino,o leones Sergio Gutierrez, fillo do finalista, venceu por 6-1/6-3 ao lucense Manuel Fernández.

