Crónica - XII Open Hermo





O Club Tenis Muimenta convirtiuse ao largo destas dúas semanas na capital tenística da provincia , onde se puideronse ver algunhas das mellores raquetas de toda Galicia, e algunhas das novas promesas que están a nacer na comarca chairega e na provincia de Lugo.
Este ano o torneo acadou un bon número de participantes chegando aos 120 participantes distribuidos en 10 categorías, das que 5 eran federadas: senior masculino, senior feminino, infantil masculino, alevin masculino e veteranos masculino junior. O resto das categorías eran de caracter social ou non federado. En canto as categoráis federadas: na categoría senior masculino , o gañador foi Arkaitz Manzarbeitia Ugarte, tenista vasco e número 45 do ranking español, que acudía por primeira vez ao torneo, e posiblemente un dos mellores xogadores que pasou polas pistas do noso clube en toda a súa historia; este impúxose por un doble 6-2 ao campión do ano pasado, Gonzalo García Cuenca ,numero 387 do ranking español e campión galego en categorías inferiores.



O cadro senior feminino, tivo un nivel sobresainte, onde Valeria López Pérez,  actual subcampiona galega senior e 68 no ranking español, impúxose a Paula Arias Ron, xoven promesa lucense, número 164 do ranking español e campiona galega en categorías inferiores, nun reñido enfrentamento que necesitou tres sets (6-1/5-7/6-2) para decidir a gañadora. Estas dúas competiciones eran as únicas con premio económico: 125 euros para ós gañadores, 62.5 euros para ós subcampións e 31.25 euros para os semifinalistas.





Mentras que en veteranos junior o campión foi Sergio Gutierrez Vicente, número 125 de España, que se impuxo a Fernando Pablos Benavides, número 175 do ranking español, por un doble 6-2. En infantil masculino o gañador foi o lucense Jesús Bouza Puente, que lle ganou na final 7-6/6-3 a Darío Pérez Céspedes. E por último en alevín masculino, a xoven promesa de Lugo, Noel Villarabide Varela, venceu a David Rio Cazón por un 6-3 e 6-1.
En canto as categorías sociais (só podían participar socios do clube), en senior social masculino o campión foi Alejandro Rey-Stolle, que se impuxo a Jorge Fernández, ao que dominou en dous sets (6-3 e 6-2). En senior social feminino Anxela Montero venceu a Zaira Vázquez por un 6-3 e 6-4. En dobles social mixto, Miguel Morán e Lito Palmeiro impuxeronse a Mijo e Tomás Teijeiro (6-3/6-3). Nas categorías socias do máis pequeniños, en infantil Dian Hortas impúxose con un doble 6-3 a Iago Rey-Stolle, mentras que en benxamín, Martín Hermida derrotou a Rosalía Montero por 6-2 e 6-3.













Finalmente damoslle as gracias a todos os participantes e ao publico que veu disfrutar do mellor tenis, por asistir ao XII Open Hermo. E sobre todo darlle as gracias ao noso máximo patrocinador a DISCOTECA (H)ERMO que dende xa hai 12 anos contribúe para que cada ano se xogue nas pistas de Muimenta este torneo. Non hai que esquecerse tamén de todos os colaboradores: Augas Aquabona, Carpintaría J. D. J. Paz, Supermercados Spar, Deputacion de Lugo, Concello de Cospeito e Novagalicia banco. Cabe destacar tamén os TROFEOS ARTESANAIS diseñados e creados por María Novo García que cada ano se lle entregan aos campións.



CADROS