Cadro Torneo Social 2011

Cada ano, antes dos interclubes organizamos o torneo social pra ver quenes son os xogadores que participaran no campionato galego de interclubes no primeiro, e nos demais equipo, e para dsfrutar deste deporte entre todos os socios.
Dende o ano 2010 este torneo faise en forma de cadro, no que cada xogador poderá xogar como mínimo catro partidos. Tamén se fará un torneo social feminino e un de dobles. Rematado o torneo social, disputarase unha liga entre os seis finalistas, para configurar o equipo titular para o campionato galego de interclubes.


NORMAS

- Os partidos xogaranse nas datas establecidas máis adiante.

- Cada rolda terá que estar xogada antes das datas que se indican no cadro; de non ser así, buscarase unha data pero sen que perxudica a seguinte eliminatoria ou ben eliminarase a aquel por culpa do cal non se puidese xogar o partido.

- Os partidos do torneo xogaranse ó mellor de tres sets, con tie-break en todos eles.

- Os cinco primeiros clasificados entrarán no equipo A da liga interclubes.

- Os resultados apuntaranse no cadro, que estará no pavillón da MOEXMU, no pavillón do colexio e nas pistas do Clube de Tenis.

- As chaves do pavillón téñenas Morán, Pino, Santi, Carlos Montero e Charly.