Crónica - IX Open Hermo




Rematou o IX OPEN HERMO, xuntando a centos de persoas que se achegaron ata as pistas do Clube de Tenis S. D. Muimenta pra disfrutar do bon tenis.

Durante estas dúas semanas puidese ver algúns dos mellores xogadores de toda a Galicia, e algunhas das novas promesas que están a nacer na comarca chairega.

Este ano o torneo acadou un bon número de participantes con preto de 100 participantes distribuidos en 8 categorías, das que 4 eran federadas: senior masculino, senior feminino, cadete masculino e veteranos masculino junior. O resto de categoráis eran de caracter social co fin de que a xente de aquí poida xogar o máximo posible. Na categoría senior masculino o gañador foi Adrian Salgado Garrúes, que se impuxo cun resultado de 6-4/6-3 ao vixente campión do VII Open Hermo Manuel Nuñez Piñeiro, número 109 do ranking español. En senior feminino a 169 no ranking español, Almudena Sanz-Llaneza Fernández acadou a victoria fronte Davinia Graña. Mentras que en Veteranos +35 e en Cadete Masc. os campións foron Javier Rodriguez Carballa e Iago Montero, este último pertencente ao Clube de Tenis S. D. Muimenta, que lle ganou na final a Mario Fermoso.
Aquí pra ver como quedaron os cadros finalmente:


Finalmente damoslle as gracias a todos os participantes e ao publico que veu disfrutar do mellor tenis, por asistir ao IX Open Hermo. E sobre todo darlle as gracias ao noso máximo patrocinador a DISCOTECA HERMO que dende xa hai 9 anos contribúe para que cada ano se xogue nas pistas da S. D. Muimenta este torneo. Non hai que esquecerse tamén de todos os colaboradores: Augas Fontoira, Carpintaría J. D. J. Paz, Cafetería Tino, Concello de Cospeito e CaixaGalicia. Cabe destacar tamén os TROFEOS ARTESANAIS diseñados e creados por María Novo García que cada ano se lle entregan aos campións.
Moitos gracias pola vosa asistencia e ata o ano que ven.