TORNEO SOCIAL 2010

Como cada ano, antes dos interclubes organizamos o torneo social pra ver quenes son os xogadores que participaran no campionato galego de interclubes no primeiro, segundo e terceiro equipo.
A partir de agora o torneo social farase en forma de cadro, que se xogará en tres fines de semana, no que cada xogador poderá xogar como mínimo catro partidos. Tamén se fará un torneo social feminino. Rematado o torneo social, disputarase unha liga entre os seis finaleistas, para configurar o equipo titular para o campionato galego de interclubes.


NORMAS

- Os partidos xogaranse nas datas establecidas máis adiante.

- Cada rolda terá que estar xogada antes das datas que se indican no cadro; de non ser así, buscarase unha data pero sen que perxudica a seguinte eliminatoria ou ben eliminarase a aquel por culpa do cal non se puidese xogar o partido.

- Os partidos do torneo xogaranse ó mellor de tres sets, con tie-break en todos eles.

- Os seis primeiros clasificados entrarán no equipo A da liga interclubes.

- Os resultados apuntaranse no cadro, que estará no pavillón da MOEXMU, no pavillón do colexio e nas pistas do Clube de Tenis.

- As chaves do pavillón téñenas Morán, Pino, Santi, Carlos Montero e Charly.

CLASIFICACIÓN


CALENDARIO



CADRO