O comezo do tenis en Muimenta, xurde coa xente que comezou a xogar nas pistas dos pobos do arredor de Muimenta: Coea, Bazar e Xustás.
Unha das primeiras referencias que se teñen en relación co tenis muimentés na zona, é José Antonio Morán Puente (1959).
Foi polo ano 1977 cando Morán foi xogar por primeira vez ao torneo de tenis na pista da familia Rey-Stolle en Coea (Bazar) organizado por eles mesmos. Foi nesta pista onde comezou a xogar máis asiduamente a xente que posteriormente terá relación co tenis en Muimenta.
Aló no 1977 celébrase o primeiro torneo de tenis na contorna, celebrado en Coea e organizado por Javier Rey-Stolle unha persoa moi importante na historia do tenis da zona.
A relación do tenis ca familia Rey-Stolle nace do pai de Javier Rey-Stolle, Alejandro Rey-Stolle, que criado en Santiago pasa a vivir a Barcelona. Cada verán volta a Coea e constrúe unha pista de cemento ao lado do antiga casa da familia Rey-Stolle para o disfrute da súa familia cando veñen de vacacións. Posiblemente a construíra por ser un deporte bastante fácil e no que naquela época podían xogar tanto homes como mulleres, debido a que a familia de Alejandro Rey-Stolle tiña fillos e fillas. Esta foi construída polo ano 1934, posiblemente unha das primeiras pistas de Galicia.
Posteriormente no 1973 constrúese unha pista en Bazar, unha pista de fútbol sala ao lado do local Teleclub, da Asociación de Veciños de Bazar. Na que parte de esa primeira xente relacionada co tenis en Muimenta como Morán, Toñito de Ramón, Eulogio, Ramoncito, etc, xogaban xuntos ó baloncesto e ó fútbol como equipo nalgún torneo que se realizaba, xunto con outro veciños de Muimenta e arredores. E tamén logo polo ano 1979 a familia Campo constrúe unha pista privada ao lado da súa casa na Barxela (Outeiro)
Coea foi o principio de todo, foi nesa pista onde, nesas grandes tardes de verán entre veciños e amigos, de fervor polo tenis e festa, se coñeceron as familias Rey-Stolle, Campo, Teijeiro, Crecente e Morán, onde se creou unha forte amizade e unha gran relación a través do tenis, que permanece no tempo e que xerou e xera a práctica do tenis nesta zona.
Nas pista de Coea, Bazar e Outeiro, foi onde se organizarían os primeiros torneos da zona. Eran campionatos por equipos onde se xuntaba a xente por parroquias.
O primeiro torneo foi en Xullo de 1977 e chamouse “Trofeo Rey-Stolle - 1º Torneo de Tenis - BAZAR–BARCELONA “ e o segundo en 1978 baixo o nome de “Trofeo Javier Rey-Stolle, enfrontando ás parroquias de Bazar e Xustás, saíndo gañadora esta última por 3 partidos gañados contra 2 perdidos. Estos dous foron xogados na pista do Teleclub de Bazar, logo dunha reforma da superficie, máis na pista de Coea.
Foi no 1979 cando se organiza o “Trofeo Javier Rey-Stolle - 1º Open Terra Chá” no que xogaron as parroquias de Xustás, Bazar, Outeiro, Rubiños e Muimenta, e que se celebrou na pista de Coea e Bazar conxuntamente. Neste ano 79 foi a primeira vez que un equipo de Muimenta xogou xunto, e no que participaron Eulogio, José A. Morán, etc.
Os equipos das outras 4 parroquias estaban formadas entre outros por:
Equipo de Bazar: Rafa Campo, Abel Veiga, Antonio Moinelo, José Mª Teijeiro, Miguel de Muinelo, Alejandro Rey-Stolle, fillos de Ramón de Falcón, etc.
Equipo de Xustás: Jaime, Elias, Yago, Suso, Xil, etc.
Equipo de Rubiños: Suso, Javier, Antonio, etc.
Equipo de Outeiro: Pepe, José, Fernando, Ignacio, etc.
Logo deste aberto por equipos comezouse xa a organizar un torneo individual chamado “Trofeo Javier Rey-Stolle”, e que duraría sobre 4 anos máis e no que algún dos gañadores foron: Jaime de Xustás, Pepe de Outeiro, Alejandro Rey-Stolle, Cadrado, etc.
Os inicios do tenis en Muimenta remóntase a principios do ano 1989, cando José A. Morán e Filomena Gueimonde constrúen a primeira pista de Muimenta, iniciada xa a mediados do 88, detrás da súa casa. Unha pista pola que pasaron moitos veciños de Muimenta que nunca xogaran, e outros tantos que anteriormente o fixeran nas pistas da zona.
No verán do 89 comeza a andar a nova directía do club de fútbol S.D. Muimenta, formada por José Antonio Morán Puente, Emilio García Cadrecha, Manuel García Camba, Antonio Rodríguez Anllo e Anibal José Rodríguez, sendo cada un deles, tesoreiro, presidente, vocal, vicepresidente e secretario respectíamente.
Esta nova directiva chegou ca idea de ter un equipo de fútbol formado por xente da zona, mellorar as instalacións e fomentar a práctica doutros deportes (fútbol sala, tenis, bolos, tenis de mesa, etc.). Polo que se propuxo construir unha pista onde se puidera practicar fútbol sala e tenis, aproveitando unha subención de Deportes.
Esta nova pista constrúese dentro do recinto da S.D. Muimenta. No ano 1961 Antonio Pollán, Antonio Vallejo e Victor Falcón, entre outros veciños de Muimenta, xestionaron as cesións dos terreos veciñais coñecidos como Vedro do Pichón, e con data 29 de decembro de 1961, en sesión plenaria do Concello de Cospeito, acordaron o seu uso para a práctica de actividades deportías. O que hoxe se coñece como o estadio do Pichón e onde ao lado deste se sitúa o actual club de tenis. Logo de moitos anos coa gran afición que había nesta zona, federouse o Club de Fútbol S.D. Muimenta, que comezou a súa andaina no ano 1981, tendo como directía a Perfecto Morán de presidente e Felix Pacio de vicepresidente, entre outros moitos veciños con diferentes cargos.
No verán do 90, José A. Morán decide organizar o primeiro torneo de tenis en Muimenta, e o primeiro celebrado na nova pista, o Torneo da Moexmu, coincidindo cas festa de Muimenta e a MOEXMU, que tivo como gañador a José Campo quen lle gañou a Jose Antonio Morán na final.
Vendo o gran interés por este novo deporte na zona, tamén polo 90, decídese traer un monitor para dar clases, para que así puideran aprender este deporte sobre todo aos rapaces máis novos.
Logo deste inciso, pola cronoloxía de adestramentos, máis tarde xa a mediados do 1991, visto o gran interese polo tenis na zona, decídese construir outra pista con vista a federar un club de tenis.
Para cubrir os gastos que estaban a xerar da construcción das novas instalacións, a parte dos cartos da subención, creáronse socios, arredor de 20 familias, que derón cada unha delas unhas 20.000 pts.. Ésta foi unha aposta moi grande pola xente de Muimenta, Outeiro, Bazar, etc, que grazas a eles se lle deu un impulso grande ao futuro do tenis nese momento, estos formaron os primeiros socios do club de tenis.
Así o 5 de Agosto de 1991, logo xa da construcción das pistas con esta nova directiva e a organización dos primeiros torneos, gracias aos veciños e aos novos amantes do tenis que ían aparecendo, o Club de Tenis S.D. Muimenta entrou a formar parte como club na Federación Galega de Tenis e na Real Federación Española de Tenis.
Así en 1992 comezouse a xogar no Campionato Galego por Equipos, que dende ese ano se xogou de maneira inenterrumpida ata o día de hoxe.
No que participarían un total de 67 equipos de toda Galicia. Comezaríase na 3ª Categoría Masculina, no grupo “D” da Zona Lugo, conformado polo Aero Club de Lugo, o Campo y Tiro de Lugo “B” e a S.D. Muimenta, de Lugo tamén pero no grupo “E” participaban o Cuatro Vientos de Monforte, o Club de Tenis Fluvial de Lugo, o Club Tenis Sarria e o Club Tenis Lugo “B”.
Nesos primeiros equipos introduciuse xente de fóra que mesmo a posteriori formaría os seus propios clubs de tenis no seus pobos, xuntouse xente que foi pioneira nas súas zonas.
Logo de varios torneos, en xuño do 92, organízase o primeiro torneo federado da historia do club, o chamado, Open Comercial Ónega. Tendo como gañador do torneo a Rubén Corujo Díaz.
No verán de 1995, José A. Morán e o resto da directía da S.D. Muimenta deixan o club logo de 6 anos, un periplo que nun principio era pa 4 anos pero debido a deudas, seguiron 2 anos máis co obxectivo de sanear o club.
Foi moita xente a que leva axudado a que o tenis proguesara esos anos, todos os que formaban o club colaboraban de maneira desinterasada, os Fiti, Maseda, Antonio Otero, Toñito de Ramón, Pedro Ballesteros, Nito e moito outros axudaron moito nos comezos do tenis en Muimenta. E eses mesmos e outros máis adiante seguiron facendo crecer ao club botando un man a calquera cousa.
Durante este periplo, seguironse organizando torneos e o equipo seguiu participando no Campionato Galego por Equipo, ademáis de seguir mellorando entre todos as instalacións
Así Policarpio Rías Seco pasa a ser o novo presidente da S.D. Muimenta, levando a parte do fútbol, e José Angel Maseda Canto tendo o cargo de vogal do club comeza a levar unicamente a sección de tenis.
A comezos do 98 Maseda deixa definitivamente a organización do tenis, e Morán volve coller as rendas do tenis en Muimenta. A partir deste momento empezouse a separar a “directiva” do fútbol da do tenis, aínda que o club seguía pertencendo a Sociedade Deportiva, xa que ata daquela tenis e fútbol levábao de maneira conxunta a directiva do fútbol.
Nese ano, entre todos apóstase por facer un torneo máis forte, con publicidade, con categorías dende os máis pequenos ata veteranos e dándolle máis importancia as mulleres, e premios en metálico. Faise o chamado “Torneo de Verán”, que se celebra entre finais de xullo e principio de agosto, e que segue sen falla ata o día de hoxe. Neste torneo organizáronse todas as categorías, ademáis de dobles senior masculino, feminino e infantil. Tendo como gañadores a Iván Ramos e a Sonia Lagos. Dende este primeiro torneo, asistiron os mellores xogadores de galicia do momento.
Nesta época contábase con 17 familias de socios, xente moi involucrada que axudou a que o tenis en Muimenta seguira evolucionando, sinalar entre moitos outros a Nito Basanta, Pedro Ballesteros, Maseda, a familia Campo, Pico, Morán, Crecente e Teijeiro..
O club leva organizando dende os seus inicios, ademais das ligas internas do club, cerca de cuarenta torneos. No 2002 decidiuse dar un novo impulso ao "Torneo de Verán", collendo o nome de "Open Hermo", sendo os vencedores senior dese 1º Open Hermo foron Vanesa Romero e Borja Yribarren, patrocinado dende aquel ano ata hoxe pola Discoteca Hermo e con numerosas colaboracións, e sendo a día de hoxe un referente da provincia de Lugo, tendo posiblemente os mellores trofeos de Galicia, realizados artesanalmente por María Novo García.
Polas pistas do club pasaron máis de 500 xogadores diferentes, xuntándose nos diferentes torneos as mellores raquetas de Galicia e xogadores de Barcelona, Asturias ou Páis Vasco. Tendo unha gran afluencia de público durante as xornadas dos torneos, creando afición por este deporte ata os veciños da zona que non o practican.
No 2010 o club chegou a ter tres equipos masculinos e un feminino, e ese mesmo ano proclamouse Campión Galego por Equipos Masculino na 5º categoría.
O 16 de Novembro do 2011 o club de tenis pasou a ser un club independiente da S.D. Muimenta, chamándose de agora en diante "Club Tenis Muimenta", formada por unha nova directía. Nun afán máis por mellorar administratíamente e organizatíamente o club. Un club cunha nova directía e un novo escudo. Da que forman parte como presidente José A. Morán Puente; como secretario Santiago Crecente Campo; como tesoureiro Montserrat Crecente Rus; e como vogais Carlos Montero Basadre, Tamara Vázquez Montes, José Miguel Vázquez Montes, Tomás Teijeiro Campo e Daniel Morán Gueimonde.
No 2012 o equipo masculino chegou a xogar na división de plata do tenis galego.
No 2013, o XII Open Hermo, pasou a historia do club pola presencia do posiblemente mellor xogador da historia que pasou polas pistas do Club Tenis Muimenta, o vasco Arkaitz Manzarbeitia Ugarte, número 1 vasco e número 45 do ranking español. Xunto a este, Valeria López Perez impúxose no feminino, nese momento subcampiona galega, pero que ao ano seguinte proclamaríase a nº 1 de Galicia, e a 42 do ranking español. E para rematar un dos torneos con máis nivel que ten habido, Sergio Gutierrez Vicente, que se proclamou campión en Veteranos +35, sendo o 125 do ranking español.
En todos estos anos o progreso do xogadores do club, foi mellor ano tras ano, saindo xogadores que destacaron, algúns estiveron so no seu inicio e outros permanecen no club ata o día de hoxe, entre eles sairon, Iago Montero que chegou a estar por debaixo do ranking 300 da clasificación nacional, conseguindo unha beca para estudar e entrenar ao tenis en USA; José Basanta proclamándose campión galego alevín no 2013; Zaira Vázquez, mellor tenista lucense no 2016 e 3ª no campeonato galego infantil, e outros que levaron o tenis a fora de Galicia como Roberto Pico, levando a Escola de Tenis Corralejo en Fuerteaventura.
Gracias a todos os que fixestes posibles que este club crecera e crecera ata o día de hoxe. Dende ese primeiro grupo de xogadores da zona, pasando polos que puxeron os cimentos do que hoxe é o club e finalmente por toda esa xente que leva axudado tanto, como pra botar unha man a calquera cousa que se lle pedía, como pra xogar e facer posible que cada ano houbera un equipo de Muimenta xogando por Galicia adiante.
Darlle as gracias aos que botaron uns poucos anos como os que levan toda unha vida no club, porque sen eles o tenis en Muimenta non sería posible