Edicións Trofeos artesanais
Cada ano polo verán celébrase nas pistas do Club Tenis Muimenta o Aberto de Muimenta, que comezou a súa andadura no ano 1998, orixinalmente chamado Torneo de Verán e durante os anos 2002 ata 2019 colleu o nome de Open Hermo . Cada ano acolle a un gran número de participantes de todas as idades federados ou non federados. Cabe destacar os famososo trofeos artesanais diseñados e creados por María Novo García e Ismael García, que cada ano se lles entrega aos campións.
Nas edicións que se foron disputando ata a hoxe vimos nas instalacións do Club Tenis Muimenta as mellores raquetas de Galicia, e tamén pasaron polas nosas pistas moitos xogadores de fora de Galicia. En todas elas sempre se tivo un notable éxito de público.
Con este torneo conseguimos que a xente de Muimenta se acerque ata as pistas para ver bon tenis, e que tamén toda a xente aficionado de aquí e de arredores poida participar nun torneo.
O torneo rixese polas normas do R.F.E.T., os partidos disputanse en superficie rápida con luz natural ou artificial ao aire libre ou ao cuberto.
O aberto adoita ser entre finais de Xullo e comezos de Agosto, nel disputanse case todas as categorías.